As pezas

O escritor e xornalista Diego Giráldez conversa coa escritora Inma López Silva. De Letras e Galegas: A literatura galega sempre lle debeu moito ás mulleres. Pero neste novo século, o paso adiante das mulleres nas nosas letras xa non é unha moda ou un asunto temporal. Chegaron ao asalto, para quedar na primeira liña. A través dunha serie de entrevistas persoais, coñeceremos algo máis das súas personalidades, os seus estilos, as súas influencias. Xuntas, atesouran milleiros de libros vendidos. Con xéneros que van dende o infantil, ata a novela negra ou o ensaio. As súas obras lograron algo ben dificil no mundo da literatura: gañar o favor do público e da crítica e o sector. Todas elas loitaron por facerse un oco nun mundo que as miraba diferente por 2 razóns: Ser muller e escribir en Galego. Obra realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.